(Silencio, silencioo)
Ósos nas cunetas e en foxos
ósos do pasado e do presente.
(Silencio, silencio sepulcral
lapidando corpos soterrados)
A Memoria Histórica, dura, cruel
un tiro, dous, centos...
e o medo engole os corazóns
(Silencio, silencio sepulcral)
“Manos Limpias” aínda teñen
sangue nas meniñas
confabulan, intrigan...
(Silencio, silencio sepulcral)
A historia foi escrita polos vencedores
sobre ideoloxías baratas
fomentadoras de silencio.
(Silencio, silencio sepulcral
lapidando corpos soterrados)
Ola, Rosanegra, alégrome que te animases a escribir de novo no teu caderno, dicir sempre é terapéutico y berrar moito máis.
ResponderEliminarO tempo do silencio acabou, é hora de ouvear, de miañar, de bramar, de dicir quen somos aínda que sexa con seudónimos.Recibe unha forte aperta dende Teis.
Moitas grazas Orola, polas túas verbas de ánimo.
ResponderEliminarFelices Festas e bo Aninovo!
Unha aperta poética.
A min as festas per se non me emocionan demasiado, pero estarei moi agradecida polo tempo libre que me deixan...O novo ano non sei se virá ou se xa está aquí, eu por se acaso xa fixen un ensaio xeral nesta hiperponte e quedei bastante noqueada. Anímate e publica que eu son unha viciosa dos comentarios e dos caderniños de bitácora. Apertas efusivas
ResponderEliminarMoitas grazas!
ResponderEliminarFelices Festas Orola!
Apertas.