Foto de Carlos Silva |
A
imaxe xeométrica, forma unha circunferencia
da
cor do viño con arrecendo a traza
É
un pasado-presente cun sentido que xorde
nun
illamento silandeiro na voz do ar
Na
madeira errante, escribiuse a historia
da
noite e do amencer, con letras perennes
nas
árbores xenealóxicas
Pousada
na pedra aínda resoa o son do carro
entre
os camiños, aquelas sendas da nenez
xa
perdidas no antonte
E
roda na memoria un filme antigo
cor
sepia, e chove un mar con doce invernos
nun
zigzag temporal
A
foto escacha en 100.000 partículas
redondas,
figuras dun fotograma
que
se nega a desaparecer...
poema publicado en Munditaçőes
poema publicado en Munditaçőes
Sem comentários:
Enviar um comentário