Son
unha gaivota chorona
que
voa case soa nun ceo idiomático
mais,
xa non teño bágoas
queimáronse
co salitre dun mar de inxustizas...
A
lingua atada cun nó reméxese seca
e
dolorosa na boca de mazá
e
sinto a palabra presa nun cárcere sistemático
no
que o idioma mater
sobrevive
como pode soterrado entre lixo
e
ignorancia, de Centos de Anos
que
palpitan aínda nos corazóns amansados...
E
agora, son unha pobre tola!
que
cre na verdade e subsiste en si mesma
cando
o temporal ouvea
e
o vento racha fero!
para
caer nun abismo esquecendo a memoria.
Non
podo falar...
a
diglosia representa a morte que aperta
a
gorxa dunha muller-paxaro
e
tampouco podo sorrir.
Porque
a defunta son eu... nun chan corrupto
de
follaxe perenne.
Non
quero escoitar as verbas tiradas
como
navallas, pintadas de salvación,
se
a terra non se ergue e olla cara ás nubes
xamais
aniñarán no sol
milleiros
de estrelas vermellas
dun
soño que un día tiveron os druídas
e
cantaron os bardos na Nación de Breogán.
Son
unha insignificante gaivota
que
voa no espazo branquiazul
case
soa, e sen ás
arrincáronmas
de nena
para
que non me puidesen galeguizar.
Por
iso, esperto e berro
xa
vai sendo hora de peteirar...
Sem comentários:
Enviar um comentário