Impasíbel persisto na incerteza...
dunha realidade
demasiado pequena...










(Silencio, silencioo)
Ósos nas cunetas e en foxos
ósos do pasado e do presente.
(Silencio, silencio sepulcral
lapidando corpos soterrados)
A Memoria Histórica, dura, cruel
un tiro, dous, centos...
e o medo engole os corazóns
(Silencio, silencio sepulcral)
“Manos Limpias” aínda teñen
sangue nas meniñas
confabulan, intrigan...
(Silencio, silencio sepulcral)
A historia foi escrita polos vencedores
sobre ideoloxías baratas
fomentadoras de silencio.
(Silencio, silencio sepulcral
lapidando corpos soterrados)