“En
todo estás e ti es todo,
pra
min y en min mesma moras,
nin
me abandonarás nunca,
sombra
que sempre me asombras”
Rosalía
de Castro
|
...reverdeces
cada día tras a porta
a
túa saudade é a noite dos tempos
e
as verbas son
os
illotes nun mar denso
limpa
as bágoas do carraxe
e
deixa que alumee a estrela na fronte
e
nos beizos un cantar
Matria
da Galiza e filla da esperanza
es
a flor da soidade
dunha
longa e escura, Noite de Pedra
que
xamais acaba...
a
túa é a nosa, Negra Sombra
que
volve facéndonos mofa
e
toda a señardade de séculos pasados
rómpenos
os ósos
Ti,
es o luceiro da alba
o
referente histórico
que
nos guía cara á loita
Rosalía...
flor
da noite e filla da palabra
“Érguete,
miña amiga,
que
xa cantan os galos do día!”
Versos
finais de Federico García Lorca do poema:
CANZON
DE CUNA PRA ROSALIA CASTRO,MORTA
Poema publicado no libro "acción poética"2010
Sem comentários:
Enviar um comentário