porque
vende o seu corpo ao por menor
os
seus ollos están cravados de medo
nas
órbitas craniais
cada
vez que ve o seu chulo
e
vén do Leste ou dos Balcáns
que
máis ten de onde
enganada
por un horizonte verde
un
día mellor na súa vida
E
chámaa Puta
o
seu proxeneta sorrí cos dentes
brancos
e longos, amasando cartos
e
premendo a tecla feble que domina
E
chámaa Puta
o
seu cliente tamén sorrí
diante
dunha muller submisa
que
xa o perdeu todo,e goza
goza
o prostituidor sen conciencia
chámana
Puta e soamente é unha vítima
de
todos eses cabróns...
xa
non ten nome,é carne fresca
e
chámana...PUTA
Publicado no libro "MULHERES entre poesia e luita"
Sem comentários:
Enviar um comentário