Na memoria
do tempo brincan lendas bulideiras
de mouras e
bruxas saíndo das pedras
e do río da Pontexoán,
entre
carballos e castiñeiros sorrí un mundo máxico
enchoupado
de séculos e os fentos cantan
coa música
silandeira do pasado
na que os
muíños falaban e o millo brillaba baixo o sol.
Armenteira
soña coa súa historia de rezos e cantos
de
paxariños, e sinte que medra no ar inmenso
e na noite
estrelecida
As sendas
rebuldeiras falan da realidade
que abrangue
un microuniverso enfeitizado
e as horas
son diferentes entre as árbores
a vida para,
e eternízase cun manto verde
entre vales… miña terra!
As raíces
saen dunha Valboa perpetua
entre
camiños senlleiros, onde o ADN dunha meisiña
forma
espirais retratadas no bodegón da natureza.
rosanegra
Sem comentários:
Enviar um comentário