I
Suco nun soño, ao gran
xigante con corazón de pedra
As murallas e os castelos
trazan historias
dun mundo desaparecido,
iluminado por lendas
Vexo, nun voo de aguia a
solleira montaña
o gran coloso ergueito e
forte que agarda espertar
dende o ollo do tempo como
ciclope pétreo
un titán xeolóxico e
inmortal
un monumental Monte Sacro
que nace como Olimpo Celta
na nosa Gallaecia máxica,
terra de mouras
e poderes ocultados na
Casa da Xoana
na catedral das meigas
aínda o diaño espreita
e co puño pechado sobre o
océano marca
labirínticas secuencias
gravadas nos restos arqueolóxicos
do misterio que sobrevoa
cabezas...
É o genius loci
procul dubio!
II
Aínda subsiste un son
eterno nas moléculas
persiste a esencia
temporal e pódese escoitar
o balbordo das bruxas na
súa reunión céltica
O vento vive na Gallazia!
Nun aire de sono rompe o
día e os raios pintan
con matices verdes e
amarelos ás rochas grises
e o marrón da terra
escribe versos nas follas perennes
dáme o corpo que soña co
seu pasado emblemático
subsiste si, aínda
resiste...
LINDO...
ResponderEliminarObrigada!
ResponderEliminarLiuse onte no acto de irmanamento Monte Pindo - Monte Alto!
ResponderEliminarGrazas Cruña!
ResponderEliminar