segunda-feira, 6 de dezembro de 2010

Silencio,silencio sepulcral...


(Silencio, silencioo)


Ósos nas cunetas e en foxos

ósos do pasado e do presente.


(Silencio, silencio sepulcral

lapidando corpos soterrados)


A Memoria Histórica, dura, cruel

un tiro, dous, centos...

e o medo engole os corazóns


(Silencio, silencio sepulcral)


Manos Limpias” aínda teñen

sangue nas meniñas

confabulan, intrigan...


(Silencio, silencio sepulcral)


A historia foi escrita polos vencedores

sobre ideoloxías baratas

fomentadoras de silencio.


(Silencio, silencio sepulcral

lapidando corpos soterrados)

4 comentários:

  1. Ola, Rosanegra, alégrome que te animases a escribir de novo no teu caderno, dicir sempre é terapéutico y berrar moito máis.
    O tempo do silencio acabou, é hora de ouvear, de miañar, de bramar, de dicir quen somos aínda que sexa con seudónimos.Recibe unha forte aperta dende Teis.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Orola, polas túas verbas de ánimo.
    Felices Festas e bo Aninovo!
    Unha aperta poética.

    ResponderEliminar
  3. A min as festas per se non me emocionan demasiado, pero estarei moi agradecida polo tempo libre que me deixan...O novo ano non sei se virá ou se xa está aquí, eu por se acaso xa fixen un ensaio xeral nesta hiperponte e quedei bastante noqueada. Anímate e publica que eu son unha viciosa dos comentarios e dos caderniños de bitácora. Apertas efusivas

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas!
    Felices Festas Orola!
    Apertas.

    ResponderEliminar